Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17809

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

ANUNCIO de información pública sobre o acordo de aprobación inicial de proposta de escudo e bandeira municipais.

O Pleno deste Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o 21 de marzo de 2014, adoptou o acordo de aprobación inicial da proposta da Comisión de Heráldica de escudo e bandeira municipais.

De conformidade co disposto no artigo 16 do Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, sométese ao trámite de información pública polo prazo dun mes para os efectos de presentación de alegacións.

No suposto de que durante o dito prazo non se presentasen alegacións, entenderase o dito acordo elevado a definitivo e o expediente completo remitirase á Comisión de Heráldica para informe preceptivo e vinculante, previo á aprobación, se é o caso, polo Consello da Xunta.

Begonte, 24 de marzo de 2014

José Ulla Rocha
Alcalde