Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17811

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública relativo a un local para fabricación de cervexa (expediente 2013010773).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que Casablanca Ale, S.L. solicita licenza de obra e apertura de local para fabricación de cervexa sito na rúa Marcelo Macías, nº 121, baixo, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que xulguen oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste concello, no prazo de 20 días desde o día seguinte á inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 10 de marzo de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde