Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 31 de marzo de 2014 pola que se notifica a imposición dunha terceira multa coercitiva (expediente IU3/199/2011-C1), devolta polo servizo de Correos por ser o seu enderezo incorrecto.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 7 de marzo de 2014, resolución pola que se impón unha terceira multa coercitiva a José Machado Rodríguez, como consecuencia de incumprir a Resolución do 27 de xullo de 2011 pola que se ordena a demolición das obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, piscina e alpendre, no lugar da Chaira, O Salgueiro, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística