Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento dun contorno virtual de aprendizaxe para o ámbito educativo non universitario de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 51/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 51/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento e posta en funcionamento dun contorno virtual de aprendizaxe para o ámbito educativo non universitario de Galicia.

b) División por lotes e número: si, 2.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 36 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 2.948.429,75 €, máis 619.170,25 €, que corresponden ao IVE (21 %), que supón un total de 3.567.600,00 € (tres millóns cincocentos sesenta e sete mil seiscentos euros), que se distribuirán nas seguintes anualidades segundo os lotes:

– Lote 1: servizo de desenvolvemento e posta en funcionamento dun contorno virtual de aprendizaxe para o ámbito educativo non universitario.

▪ 2014: 1.289.256,20 € + IVE (270.743,80 €) = 1.560.000,00 €.

▪ 2015: 347.107,44 € + IVE (72.892,56 €) = 420.000,00 €.

▪ 2016: 347.107,44 € + IVE (72.892,56 €) = 420.000,00 €.

▪ 2017: 146.776,86 € + IVE (30.823,14 €) = 177.600,00 €.

Total: 2.130.247,94 € + IVE (447.352,06 €) = 2.577.600,00 €.

– Lote 2: servizo de posta á disposición da comunidade educativa non universitaria de Galicia de contidos curriculares dixitais para os cursos incluídos no proxecto Abalar.

▪ 2014: 272.727,27 € + IVE (57.272,73 €) = 330.000,00 €.

▪ 2015: 272.727,27 € + IVE (57.272,73 €) = 330.000,00 €.

▪ 2016: 272.727,27 € + IVE (57.272,73 €) = 330.000,00 €.

Total: 818.181,81 € + IVE (171.818,19 €) = 990.000,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/licitacion?N=20386

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 9 de maio de 2014.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Dirección: Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 4 de febreiro de 2014.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 10 de abril de 2013.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia