Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 1 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 302/2013, seguido na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por instancia de Francisco Borja Campos Seijo e once máis.

Francisco Borja Campos Seijo, Mercedes Moure Cabello, Patricia Castro Toral, Paloma Manzano Rodríguez, Roberto Rodríguez Pérez, María Dolores Rodríguez Pinal, Manuel Grande Rodríguez, Rosa Muíños Rey, Daniel Rodríguez Rodríguez, Florinda Guede Rodríguez, Áurea Pérez Bernárdez e María Pilar Rodríguez Puga interpuxeron recurso contencioso-administrativo, que se tramita como procedemento ordinario 302/2013 na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso contencioso-administrativo diríxese contra a Orde do 16 de outubro de 2013 do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicada no Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro, pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a través do presente anuncio notifícase a interposición do antedito recurso contencioso-administrativo, para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que se emprazan para que poidan comparecer na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove (9) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos