Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 3 de abril de 2014, do Servizo de Consumo de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 27.085/2013.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparencia.

O acto foi adoptado pola Presidencia do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Lugo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 3 de abril de 2014

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo

ANEXO

Expediente: 27.085/2013.

Interesada: Editel 97 Promociones, S.L.

NIF: B24352114.

Acto notificado: Resolución do 14 de marzo de 2014.