Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17571

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de poxa de parcela industrial.

1. Organismo. Concello de Outeiro de Rei.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

b) Domicilio: Praza do Concello, s/n.

c) Localidade e código postal: Outeiro de Rei 27150.

d) Teléfono: 982 39 32 81.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.outeiroderei.org

As publicacións sucesivas dos actos relativos á tramitación do contrato levaranse a cabo no perfil do contratante do Concello de Outeiro de Rei.

Os pregos de condicións administrativas particulares están publicadas no perfil do contratante.

2. Obxecto do contrato e descrición do inmoble:

Compravenda dunha porción de 1586 m2 da parcela 1.5.6 do Plan de sectorización CC1-1ª fase, de prescrición industrial, e que estrema (predio matriz): norte: parcela 1.5.5 propiedade de Congelados Sariego, S.L.; sur: rúa interior do sector; leste: rúa interior do sector, e oeste: parcela 1.5.4 propiedade de Ángel Ceide López e fillos. A parcela que se vai allear está libre de cargas.

O inmoble foi adquirido polo concello, en concepto de cesión obrigatoria documentada na escritura de compensación resultante da xestión do polígono de prescrición industrial CC1-1ª fase, expedida pola notaria Monserrat Trigo Mayor, con data do 13 de xullo de 2006, número protocolo oitocentos dezanove. O predio matriz encóntrase inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Lugo como predio 10076, tomo 1112, libro 88, folio 52.

O predio matriz consta inventariado no inventario de bens municipal como predio urbano número 34.

3. Tramitación e procedemento: o alleamento efectuarase en poxa pública, adxudicarase ao licitador que oferte o maior prezo.

4. Orzamento base de licitación: 158.552,42 euros. Neste prezo non se inclúen os impostos correspondentes á transmisión (IVE).

5. Garantías exixidas: provisional de 3.000 euros.

6. Condicións especiais de execución: véxase no prego.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días contados desde a publicación no BOP.

b) Modalidade de presentación: en sobre pechado.

c) Lugar de presentación:

Dependencia: Rexistro Xeral do Concello de Outeiro de Rei.

Domicilio: Praza do Concello, s/n.

Localidade e código postal. Outeiro de Rei 27150.

Outeiro de Rei, 21 de marzo de 2014

José Pardo Lombao
Alcalde