Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17576

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais

ANUNCIO de xestión e explotación do servizo de bar no Complexo Deportivo Municipal Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa).

1. Entidade adxudicadora: Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais do Concello de Vilagarcía de Arousa.

2. Obxecto do contrato: descrición: xestión e explotación do servizo de bar no Complexo Deportivo Municipal Fontecarmoa.

Prazo execución: dous (2) anos, prorrogables (dous (2) anos), que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: contrato administrativo especial.

4. Valor estimado do contrato: 14.400,00 €.

5. Obtención de documentación e información: oficina da Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa. Recinto Multiusos de Fexdega. Finca A Maroma, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 56 68 98. Fax: 986 56 60 13 ou a través do seu perfil do contratante http//www.vilagarcia.es

Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica, financeira e técnica: véxase a cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas: prazo: quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación do último anuncio de licitación no DOG ou no BOP.

Documentación: a exixida nas cláusulas 13 e 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro de Licitación da Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa. Recinto Multiusos de Fexdega. Finca A Maroma, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa, ou Rexistro de Licitación do Concello de Vilagarcía de Arousa; praza Ravella, nº 1, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses, contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas.

Entidade, lugar e enderezo: Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa. Sala de Xuntas. Praza Ravella, 1.

Data e hora: véxase a cláusula 14 do prego de clásulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

10. Exposición ao público do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito (8) días hábiles seguintes ao da inserción deste anuncio no BOP poderanse presentar reclamacións contra el de conformidade e cos efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986.

Vilagarcía de Arousa, 12 de marzo de 2014

Elena Suárez Sarmiento
Presidenta da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais