Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17484

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (384/2011).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 384/2011.

Xulgado de orixe/autos: Demanda 912/2010 Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Recorrente: Fundiciones Adrio, S.L.

Avogado: Manuel Blázquez Astorga.

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera.

Graduado/a social:

Recorridos: INSS TGSS Iman Temporing ETT, S.L e outros.

Fernando José García Gómez.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 384/2011 desta sección, seguido por instancia de Fundiciones Adrio, S.L. contra a empresa Fernando José García Gómez e outros sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos.

Que con estimación do recurso interposto pola empresa Fundiciones Adrio, S.L., revogamos a sentenza que con data do 19.11.2010 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 5 de Vigo e, acollendo a demanda, revogamos a Resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social do 10.5.2010 e declaramos que non procede a imposición de recarga de prestacións de seguridade social derivadas do accidente, condenando o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Fernando José García Gómez e a empresa Imán Temporing ETT, S.L. a se ater a esta declaración.

E desestimamos a demanda presentada por, absolvendo a parte demandada de todos os pedimentos.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Fernando José García Gómez, con último domicilio coñecido no Camiño do Arce, 15 Redondela (Pontevedra), expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial