Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2014/003).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT rúa Fonte Nova, 5.

Situación: concello de Ribeira.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,388 km, con orixe na LMTS PMR 814 814 Corrubedo entre os CT Porto Alto e Campo da Agra, 1 (expediente 504/06) en punto de acceso á rede novo, en condutor 2 RHZ1-12/20 kV-3 (1×240) Al, e final no CT rúa Fonte Nova, 5 proxectado.

Centro de transformación en edificio non prefabricado cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 18 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña