Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17463

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 24 de marzo de 2014 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala biólogos/as.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 68, do 8 de abril de 2014, é necesario facer a seguinte corrección:

– Na páxina 15652, no sumario, onde di: «Orde do 24 de marzo de 2014 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as».

Debe dicir: «Orde do 24 de marzo de 2014 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as».

– Na páxina 15652, onde di: «Unha vez presentada a renuncia do vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala biólogos/as, …».

Debe dicir: «Unha vez presentada a renuncia do vogal suplente do tribunal encargado de cualificar os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala biólogos/as, …».

– Na páxina 15652, onde di: «... como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala biólogos/as».

Debe dicir: «... como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala biólogos/as».