Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17469

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo), pola que se publican a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da oposición.

En sesión que tivo lugar o día 11 de marzo de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 37, do 24 de febreiro), modificada pola Orde do 19 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día vinte e nove (29) de abril de 2014, na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, na aula 1 e no salón de actos, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poidan valer os aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2014

Isidoro García López
Presidente do tribunal