Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17273

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación dun seguro de responsabilidade civil patrimonial (expediente 250-242).

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio. Nº expediente: 250-242.

2. Obxecto do contrato. Descrición: prestación do servizo de seguro de responsabilidade civil patrimonial do Concello de Vigo e dos seus organismos autónomos.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: dous anos máis dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 888.660 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono 986 81 01 48; fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o día 16 de maio de 2014.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 1 de abril de 2014

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación