Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17270

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdido

ANUNCIO de modificación do PXOM 2/2013.

O Pleno do Concello de Cerdido o día 28.2.2014 aprobou inicialmente o documento de inicio da modificación puntual 2/2013 do Plan xeral de ordenación municipal.

Sométese a información pública por un prazo de dous meses mediante un anuncio no taboleiro de editos do Concello, no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia. Ao mesmo tempo e durante o mesmo prazo, daráselles audiencia aos municipios limítrofes.

E acordou a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente: sector de solo urbanizable S-03, lugar do Porto, parroquia da Barqueira.

Cerdido, 13 de marzo de 2014

Ana Rodríguez Montero
Alcaldesa