Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17202

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (164/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día 24.3.2014, no proceso seguido por instancia de Enrique Barreiro Antonio contra Grafinova, S.A., Vedoira, S.L., Editorial Danui, S.L. e Papeles y Tintas, S.L., rexistrado co número DOI 164/2013, acordouse notificar a dilixencia de ordenación do 14.10.2013 ás codemandadas en ignorado paradoiro:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o catorce de outubro de dous mil trece.

A parte demandante presentou escrito en que desiste da demanda e encontrándose citado a xuízo o demandado, dáse traslado a este da desistencia por prazo de dez días para que mostre ou non a súa conformidade, segundo o disposto no artigo 20.3 da LAC, facéndolle saber que se non realiza alegacións no prazo establecido se entenderá conforme coa desistencia formulada de contrario.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a dilixencia de ordenación.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grafinova, S.A., Vedoira, S.L., Editorial Danu, S.L. e Papeles y Tintas, S.L., expídese a presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014

A secretaria xudicial