Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2014/41-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Virgen de la Luz, 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMT, CT O Soutiño.

Situación: Mondariz.

Descricións técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 124 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 4ESO1647 da LMTA subderivación a Frades, e final no apoio proxectado C24/3000, do cal continúa subterránea 216 metros, con condutor Hersatene RHZ1, ata o CT proxectado e facendo o percorrido inverso de saída do CT ata o apoio de orixe. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado no Soutiño, Gargamala, Mondariz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de marzo de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra