Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16670

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana no ámbito da Chavasqueira-O Couto para o cambio de uso de dúas parcelas en solo urbano consolidado (expediente Planeamento Urbanístico 2012007901).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 7 de marzo de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Pleno do Concello, por catorce votos a favor dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e Bloque Nacionalista Galego, e trece abstencións dos grupos municipais do Partido Popular e Democracia Ourensana, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente a modificación no ámbito A Chavasqueira-O Couto para o cambio de uso de dúas parcelas en solo urbano consolidado, redactada de oficio pola Área de Urbanismo.

2. Someter o expediente ao trámite de información pública polo prazo de dous meses na forma prevista no artigo 85.2 da Lei de Galicia 9/2002.

3. Solicitar os informes sectoriais de conformidade co previsto no artigo 85.3 da Lei de Galicia 9/2002».

O dito expediente atópase no Negociado de Planeamento Urbanístico para, de conformidade co disposto no artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sometelo a exposición pública polo prazo de dous meses, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación oficial deste anuncio, para que todas as persoas interesadas poidan achegar as alegacións que xulguen pertinentes.

Ourense, 18 de marzo de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente