Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCION do 1 de abril de 2014 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 de diversos contratos.

missing image file

A Axencia Turismo de Galicia, como órgano de contratación segundo o Decreto 196/2012, do 27 de setembro polo que se crea a Axencia e se aproban os seus estatutos, procede a dar publicidade a diversas actuacións tramitadas entre os anos 2013 e 2014 que a continuación se relacionan por razón do seu cofinanciamento:

a) Contrato de servizo:

Descrición do obxecto: contratación do servizo suxeito a regulación harmonizada da campaña de promoción do Turismo de Galicia durante 2014 (2 lotes), por procedemento aberto baseado en pluralidade de criterios e tramitación ordinaria, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, T.P. 5.57.4.

Orzamento base de licitación:

Lote 1: 743.801,65 euros, IVE excluído.

Lote 2: 2.975.206,61 euros, IVE excluído.

Adxudicatario e importe de adxudicación:

Lote 1: Grupo Bap & Conde, S.A.: 676.850,00 euros, IVE excluído.

Lote 2: Avante Marketing y Medios, S.L.: 2.975.206,61 euros, IVE excluído.

Data de formalización do contrato:

Lote 1: 30 de decembro de 2013.

Lote 2: 31 de decembro de 2013.

b) Obra.

Descrición do obxecto: obras de reforma do Museo-exposición Casa do Viño do Condado do Tea en Salvaterra de Miño (Pontevedra), polo procedemento negociado sen publicidade e tramitación ordinaria cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, T.P. 5.57.1.

Orzamento base de licitación: 199.761,07 euros, IVE excluído.

Adxudicatario e importe de adxudicación:

Construcciones y Almacenes Manuel Viso e Hijos, S.L.: 199.361,54 euros, IVE excluído.

Formalización do contrato:

Data de formalización do contrato: 17 de febreiro de 2014.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia