Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a formalización dos contratos do servizo de limpeza de diversas instalacións dependentes dela. Seis lotes (expediente 123/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Número de expediente: 123/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza de diversas instalacións dependentes da Xefatura Territorial de Lugo. Seis lotes:

Lote 1: limpeza da residencia de maiores As Gándaras.

Lote 2: limpeza de cristais na residencia de maiores de Burela.

Lote 3: limpeza do centro educativo Santo Anxo da Garda.

Lote 4: limpeza da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades.

Lote 5: limpeza de centros sociocomunitarios.

Lote 6: limpeza da casa de xuventude de Chantada.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 6, do 10 de xaneiro de 2014.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, suxeita a regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación, IVE incluído:

Lote 1: 600.000,00 €.

Lote 2: 55.176,00 €.

Lote 3: 58.080,00 €.

Lote 4: 46.560,00 €.

Lote 5: 120.000,00 €.

Lote 6: 31.680,00 €.

5. Formalización.

a) Data: 20 de marzo de 2014.

b) Prazo de duración dos contratos: dous (2) anos.

c) Contratistas por lotes:

Lote 1: Limpiezas del Noroeste, S.A.U. (CIF A36621464).

Lote 2: Limpiezas del Noroeste, S.A.U. (CIF A36621464).

Lote 3: Eulen, S.A. (CIF A28517308).

Lote 4: Limpiezas del Noroeste, S.A.U. (CIF A36621464).

Lote 5: Limpiezas del Noroeste, S.A.U. (CIF A36621464).

Lote 6: Limpiezas del Noroeste, S.A.U. (CIF A36621464).

d) Nacionalidade: española.

e) Importe da adxudicación, IVE incluído:

Lote 1: 503.559,70 €.

Lote 2: 50.529,60 €.

Lote 3: 47.221,67 €.

Lote 4: 39.924,77 €.

Lote 5: 99.935,93 €.

Lote 6: 25.483,47 €.

Lugo, 20 de marzo de 2014

P.D. (Orde do 19 de agosto de 2009)
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo