Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 18 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación dunha resolución de expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se indican a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente que figura nesta xefatura territorial.

Os interesados poderán interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, nun prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente figura no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial de Vigo.

Nº de expediente: 2013/212-5.

Interesados: Gaspar Parada Barros e Natalia Bueno Rey.

Domicilio: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 18 de novembro de 2013.

Vigo, 18 de marzo de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo