Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/33-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Euro Depot España, S.A.V.

Domicilio social: Selva, 10 (Mas Blau Bussines Parc), 08820 Prat del Llobregat.

Denominación: CS e CT de 630 kVA.

Situación: Severo Ochoa, 21, pol. A Grela, A Coruña.

Características técnicas: CS en caseta prefabricada compartida co CT proxectado. Aparellos: 3 cabinas de liña de 24 kV, 400 A. CT en caseta prefabricada de formigón con transformador de 630 kVA, seco, aparellos e protección, así como equipamento de medida, en cabinas metálicas prefabricadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 31 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña