Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 20 de marzo de 2014, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica ás persoas interesadas a resolución de renovación da inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselles aos interesados, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, a resolución de renovación da inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitada ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, consonte o previsto no artigo 114 da citada Lei 30/1992.

Ourense, 20 de marzo de 2014

José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Lucía Ceballos Luciano.

Avenida Portugal, 62, 2º B, 32002 Ourense.

Credencial: 54354.

Andrea Álvarez Suárez.

Pablo Iglesias, 1, 2º A, 32004 Ourense.

Credencial: 48765.

Marta Pérez García.

Serra Martiñá, 39, 3º C, 32005 Ourense.

Credencial: 45531.

Isaac Gil Diéguez.

Plaza Covadonga, 2, 1º dta., 32001 Ourense.

Credencial: 50002.