Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 21 de marzo de 2014 sobre notificación de resolución de reintegro de subvencións a Alba Carretero Incio.

Mediante o presente anuncio, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, logo de ser intentada sen éxito a notificación a Alba Carretero Incio (NIF 33341193W) nos intentos practicados no seu enderezo, comunicámoslle que o 27 de xaneiro de 2014 se resolveu declarar o reintegro da subvención indebidamente percibida no expediente 73/27/07/050142 pola cantidade de 25.552,54 euros.

De encontrar conforme a liquidación que se lle formula, pode vostede efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira NovaGalicia Banco, número ES19 2080 0388 28 31 1000 1396, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

De considerar que a presente reclamación non é conforme, pode vostede manifestar cantas aclaracións ou alegacións considere convenientes, no mesmo prazo indicado, a cuxa vista se resolverá. Advírtese que, ao teren a consideración as cantidades percibidas indebidamente de ingresos de dereito público, no caso de que a resolución sexa desestimatoria e esgotado o dito prazo sen que se efectuase o pagamento da débeda, procederase ao inicio do procedemento de recadación na vía de constrinximento ante a Axencia Tributaria, de acordo coa normativa vixente.

O expediente encóntrase, en todo caso, á disposición da interesada no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria