En relación cos actos administrativos de notificación de devolución das garantías definitivas canceladas correspondentes aos contratos administrativos de obras rematados axeitadamente e relacionados na táboa do anexo a este anuncio, de conformidade co establecido no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público e, ante o resultado negativo de dous intentos de notificación da devolución de garantías definitivas referidos nos contratos administrativos sinalados no anexo que se achega nos enderezos sinalados polas empresas adxudicatarias dos ditos contratos, e para que sirva de notificación da referida posta á disposición da devolución das garantías, emprázanse as ditas empresas para que comparezan ante a entidade pública Augas de Galicia, situada na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo, en Santiago de Compostela, en horario de oficina de luns a venres desde as 9.00 ás 14.00 horas, no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Se transcorrido o dito prazo non tivesen comparecido os interesados, a notificación dos actos administrativos a que se refiren este anuncio, entenderase producida a todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer, procedéndose á entrega dos xustificantes orixinais das mencionadas garantías ás entidades que correspondan segundo a táboa do anexo a este anuncio.
Así mesmo, remitirase este anuncio de notificación de devolución de garantía definitiva aos concellos dos enderezos sinalados polas empresas adxudicatarias destes contratos administrativos para recibir as notificacións, para que procedan á colocación nos seus respectivos taboleiros de anuncios da notificación de comparecencia dos actos administrativos de notificación de devolución de garantía definitiva ata o día que venza o prazo para comparecer sinalado no parágrafo anterior.
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2014
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia