De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para ser notificados por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 20 de marzo de 2014
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Acto notificado: Resolución do 19 de decembro de 2013 de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de San Miguel de Couso (Coristanco-A Coruña).
Interesados:
Manuel Turnes Álvarez.
Maximino Martínez Negreira.
Secundino Couto Turnes.