De conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, esta xefatura territorial
RESOLVE:
Notificar aos propietarios cuxo domicilio é descoñecido ou, aos cales, unha vez intentada a notificación, non se puido efectuar, a aprobación das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Val-Bermés-Sello (Lalín, Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 208/2008, do 4 de setembro (DOG núm. 181, do 18 de setembro).
Primeiro. A xunta local da zona de Val-Bermés-Sello, na súa reunión do día 23 de agosto de 2011, aprobou as bases definitivas da dita zona, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado das alegacións presentadas.
Segundo. As mencionadas bases definitivas estarán expostas ao público na Casa do Concello de Lalín (Lalín, Pontevedra) e nos lugares de costume da zona durante o período de interposición de recursos, de conformidade co que determina a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.
Terceiro. As persoas interesadas poderán interpoñer, por si mesmas ou por representación, recurso de alzada contra estas bases ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, dentro do prazo de trinta días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. Os recursos poderanse presentar no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar en Pontevedra, sito na rúa Fernández Ladreda, 43; no Rexistro Xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Pontevedra, 24 de marzo de 2014
Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Propietario |
Apelidos |
Nome |
231 |
Fuentes Barreiro |
María del Carmen |
653 |
Mate Sobrado |
David |
706 |
Vázquez Costa |
Javier |
713 |
Vázquez Fuentes |
Felipe |
718 |
Vázquez Montoto |
José Luis |