1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Consellería de Sanidade.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Contratación.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4) Teléfono: 881 54 27 87.
5) Telefax: 881 54 27 62.
6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 6.5.2014.
d) Número de expediente: MS-CON1-14-004.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración sucesiva de reactivos, medios de cultivo e elementos accesorios necesarios para a realización das analíticas establecidas polos programas de hixiene alimentaria e sanidade ambiental da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/6.
d) Prazo de execución/entrega: 12 meses desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0.
3. Tramitación, procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntos |
Criterios valorables de forma automática (sobre B) Oferta económica Prazo de entrega |
(0-100) 0-90 0-10 |
4. Valor estimado do contrato: 417.478,39 euros.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 173.949,33 euros. Importe total: 210.477 euros.
6. Garantías exixidas.
Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver puntos 16 e 17 da folla de especificacións.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 6.5.2014.
Se o último día de presentación de solicitudes coincidira en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
10. Gastos de publicidade: si, ver punto 26 da folla de especificacións.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20.3.2014.
12. Outras informacións: si, ver punto 27 da folla de especificacións.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos