Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 25 de marzo de 2014, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 10 de marzo de 2014, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-161/13, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle a titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela a interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que a interesada poida interpoñer calquera outro que estime oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).

A Coruña, 25 de marzo de 2014

P.S. (Resolución do 30.1.2014)
Crisanto Jesús Lamela Rozas
Xefe da Sección de Infraestrutura Turística

ANEXO

Expediente: AC-161/13.

Denunciada: Cazuza, S.C.

CIF: G15783970.

Establecemento: café bar Cazuza.

Enderezo: rúa Sol, 31.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, apartado b), da Lei 7/2011.

Resolución: 10 de marzo de 2014.

Sanción: multa de setenta e cinco euros (75 €).