Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15637

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 14 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas aos concellos de Galicia e ás súas entidades públicas, con personalidade xurídica propia, e agrupacións de concellos, para o apoio á extinción de incendios forestais, consistentes na cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados para o exercicio desas funcións.

Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 57, do 24 de marzo de 2014, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 12377, no artigo 5, punto 2, onde di: «6º. Maior puntuación na alínea d)» e «7º. Maior puntuación na alínea e)», debe dicir: «6º. Maior puntuación na alínea e)» e «7º. Maior puntuación na alínea f)».