Faise pública a Resolución do 11 de marzo de 2014 pola que se aproba a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan especial de dotacións para equipamentos en solo rústico, concello de Carballo, en cumprimento do disposto na devandita resolución.
O proceso de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, está integrado no procedemento de aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico segundo o disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
A memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet:
http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1112/2010.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2014
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental