Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 21 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Política Financiera e Tesouro, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de Resolución do 4 de febreiro de 2014.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación e sendo devolta dúas veces polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral de Política Financeira e Tesouro.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta dirección xeral (Consellería de Facenda), sita no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2014

Manuel Galdo Pérez
Director xeral de Política Financeira e Tesouro

ANEXO

Expediente: Resolución do 4 de febreiro de 2014, do expediente AV-500.

Interesada: Asma-Yect, S.L.

Acto notificado: resolución pola que se declara a existencia dun crédito a favor da Tesouraría da Comunidade Autónoma contra Asma-Yect, S.L. e o inicio do procedemento para a súa reclamación ao abeiro do disposto no artigo 10 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, que regula a concesión de avais do Igape.