Advertido erro na orde antes citada, na versión de galego, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 66, do 4 de abril de 2014, é necesario facer a seguinte corrección:
Na páxina 14912, no segundo parágrafo, onde di: «As instrucións para cubrir os diferentes modelos. Serán publicados pola citada dirección xeral a través da páxina web da consellería competente en materia de supervisión de seguros», debe dicir: «As instrucións para cubrir os diferentes modelos, serán publicadas pola citada dirección xeral a través da páxina web da consellería competente en materia de supervisión de seguros».