Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15652

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 24 de marzo de 2014 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as.

Unha vez presentada a renuncia do vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala biólogos/as, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013 (DOG número 122, do 28 de xuño), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Ricardo Arnáiz Ibarrondo como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala biólogos/as.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal suplente do dito tribunal a Asunción Martín Azpiazu, funcionaria pertencente ao corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda