De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992 do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.
A comparecencia deberá efectuarse, na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo, edificio administrativo sito na avda. de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 11 de marzo de 2014
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: E.S. LU-25/2013.
Interesado: Jesús López Fernández.
Último enderezo coñecido: Calzada das Gándaras, 36-2º B, Lugo.
Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.
Expediente: E.S. LU-13/2013.
Interesada: Angelina Piñeiroa Palmeiro.
Último enderezo coñecido: rúa Vila, 3-2º D, Barreiros.
Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.