Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 25 de marzo de 2014, da Área de Recadación, polo que se relacionan reintegros e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Dygra Films, S.L. e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse reintegros e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no número 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2014

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesado/a

CIF

Enderezo

Liquidacións

Importe

Dygra Films, S.L.

B15740038

Avda. General Sanjurjo, 215, 1º,

15006 A Coruña

500140000441

500140000457

132.041,14 €

28.828,39 €

Federación Profesionais e Autónomos de Galicia-OAP

G36476398

Rúa do Cruceiro, 15, bx.,

36002 Pontevedra

500140000591

500140000593

1.920,04 €

348,50 €

Patronato de Turismo de la Provincia de Lugo

V27406156

Avda. Ramón Ferreiro, 18,

27002 Lugo

500140000612

500140000613

20.146,86 €

2.536,30 €

Estinga Servicios Sociales, S.L.

B15649262

Avda. do Camiño Francés, 41 A,

15704 Santiago de Compostela,

A Coruña

500140000632

500140000633

3.425,26 €

357,07 €

Asociación de Empresarios de Fisterra

G15428865

R/ Santa Catalina, 14,

15155 Fisterra, A Coruña

500130038588

500140000107

14.035,08 €

1.854,12 €

Sons Galiza Comunicación, S.L.

B27193093

Rúa San Salvador de Muxa, 124,

27192 Lugo

500140000577

500140000578

648,91 €

38,15 €