Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15386

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2013 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2014

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2013

Convenio

Data de sinatura

Importe total
do convenio (€)

Contrato-programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación para a Investigación, o Desenvolvemento e a Innovación Ramón Domínguez para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario.

2.9.2013

429.800

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación para la Promoción de la Innovación, Investigación y Desarrollo Tecnológico en la Industria de la Automoción de Galicia para a construción de instalacións do Centro de Excelencia en Electrónica para Vehículos Intelixentes.

13.9.2013

Sen achega económica

Contrato-programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas para o desenvolvemento de programas de I+D+i.

7.11.2013

400.000

Addenda ao contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación para a Investigación, o Desenvolvemento e a Innovación Ramón Domínguez para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario.

13.12.2013

Sen achega económica

Addenda ao contrato-programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Profesor Novoa Santos para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario.

13.12.2013

Sen achega económica

Addenda ao contrato-programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario.

13.12.2013

Sen achega económica

Contrato-programa entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Español de Oceanografía (IEO) para o desenvolvemento de programas de I+D+i nos centros oceanográficos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

16.12.2013

50.000

Addenda ao convenio de colaboración entre o Ministerio de Economía e Competitividade e a Xunta de Galicia para o desenvolvemento da Estratexia española de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia.

27.12.2013

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria; a Axencia Galega de Innovación; a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; o Consello Superior de Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación de España e as Cámaras de Comercio de Galicia para o desenvolvemento do programa Innocámaras.

31.12.2013

4.787.957