Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15407

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 28 de marzo de 2014, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante Orde do 28 de febreiro de 2014 (DOG nº 46, do 7 de marzo), e de conformidade co establecido no artigo 29.2 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobada polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e no artigo 16 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido regulamento, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles os destinos nos postos de traballos que se indican ás persoas funcionarias que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión no novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatorio/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Terceiro. A xefatura do centro no que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel no que obteña praza, realizará dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, poderase formular recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2014

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome: Fernandez-Albalat Ruiz, Rosario.

NRP ou DNI: 3244315757A2061.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: facultativo superior da Xunta de Galicia, Arquitectos.

Posto de traballo: xefatura do servizo de Patrimonio Cultural.

Código do posto: ED.C99.10.000.15001.568.

Nivel: 28.

Centro directivo: Xefatura Territorial.

Localidade: A Coruña.

Apelidos e nome: Seara Carballo, Alfredo.

NRP ou DNI: 3490491424A2072.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: facultativo superior da Xunta de Galicia, Arqueólogos.

Posto de traballo: xefatura do servizo de Patrimonio Cultural.

Código do posto: ED.C99.10.000.32001.544.

Nivel: 28.

Centro directivo: Xefatura Territorial.

Localidade: Ourense.