Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 205/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMT, CT e RBT Palavea.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada ao novo CT Palavea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,080 km, coa orixe no paso aerosubterráneo que se realizará no apoio proxectado que se vai intercalar na LMT EIR-712 no tramo da derivada ao CT Palavea (expediente 29687), en condutor RHZ1-2OL- 2/20 kV 3(1×240) Al, e final no novo CT Palavea (proxectado).

Novo centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 630 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Saídas de rede de baixa tensión soterrada, coa orixe no novo CT Palavea (proxectado), cunha lonxitude de 0,054 km, en condutor XZ1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña