Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para as instalacións de produción de taboleiros de partículas que Unión de Empresas Madereras, S.A. (Unemsa) posúe no concello de Coristanco (clave do expediente 2013-IPPC-I-75).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Proxecto básico e estudo de impacto ambiental referido á solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de Unemsa sitas en Coristanco, provincia da Coruña. Febreiro de 2014. Ref.: 04_2013.

– Resumo no técnico referido á solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de Unemsa sitas en Coristanco, provincia da Coruña. Febreiro de 2014. Ref.: 04_2013.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n - 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de Coristanco (San Roque, Traba, 15147 Coristanco, A Coruña).

Ademais poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >> prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Clave do expediente: 2013-IPPC-I-75.

Peticionario: Unión de Empresas Madereras, S.A. (Unemsa).

Domicilio social: A Canosa, Rus, s/n, 15100 Carballo.

Localización da instalación: A Braña, s/n, Erbecedo, 15147 Coristanco.

Actividade: produción de taboleiros de partículas.

Descrición: para o desenvolvemento da súa actividade a planta conta coas seguintes ins-talacións.

– Liña de tratamento da madeira:

a) Liña de fabricación de taboleiro de partículas: parque de madeira; instalación de des-cortizado, esteladura e clasificación; secado; encolado; preprensadura e prensadura; corta; arrefriado; curado, lixado e escuadrado.

b) Liña de taboleiro melaminizado.

– Instalacións auxiliares:

a) Instalacións térmicas: coxeración (actualmente a instalación conta con 4 motores que empregan fuel como combustible, estando previsto o cambio de dous destes motores por un novo motor que empregue gas natural), caldeira de biomasa, caldeira prensa de melamina, cámaras de combustión (×2) e cámara de leito fluidizado de biomasa.

b) Sistema de tratamento de augas pluviais: baruto en espiral auto limpante, seguido de balsa de decantación/separación de flotantes.

Verteduras: a instalación ten previsto verter as augas residuais fecais á rede de saneamento municipal e as augas pluviais tratadas ao río Grande de Xubia.