Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 21 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se lles notifican ás persoas interesadas as resolucións dos procedementos sobre as axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias, números 27/00298/04, 27/00474/04, 27/50037/05, 27/00922/06.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas, que se sinalan no anexo deste anuncio, as resolucións dos procedementos sobre as axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

Os/as interesados/as poden recoller as resolucións no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecemento das ditas resolucións e constancia de tal coñecemento.

As resolucións esgotan a vía administrativa. As persoas interesadas poderán interpoñer contra elas, potestativamente, recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao desta publicación, segundo o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: expediente número 27/00298/04, de axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

Interesada: Pardo Teijeiro, Mª Luisa.

Último enderezo coñecido: Chorexe, s/n, Santa María de Pidre, 27207 Palas de Rei.

Procedemento: expediente número 27/00474/04, de axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

Interesado: López Díaz, José Antonio.

Último enderezo coñecido: Santiago de Souto, nº 13, A Lama, 27693 Láncara.

Procedemento: expediente número 27/50037/05, de axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

Interesada: Gómez da Lama, Lourdes.

Último enderezo coñecido: Sobreira, Fornas, 1, 27518 Chantada.

Procedemento: expediente número 27/00922/06, de axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

Interesado: Sobrado Farelo, Teófilo.

Último enderezo coñecido: Leirado, 2, 27693.