Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se lle notifica á persoa interesada que se indica no anexo o requirimento de documentación en relación co expediente de subvención 15270021/2014.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento de emenda de documentación en relación co expediente de subvención 15270021/2014. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmase a interesada de que, se non emenda a falta ou xunta os documentos preceptivos nun prazo máximo de dez días, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita lei.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: 15270021/2014.

Interesada: Logística do Xistral, S.L.

Último enderezo coñecido: pol. de Castro de Ribeiras de Lea, 19, 27260 Castro de Rei (Lugo).

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 18 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais e se convocan para o exercicio orzamentario 2014.