Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15014

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 26 de marzo de 2014 pola que se adopta decisión favorable en relación coa solicitude de rexistro da modificación do prego de condicións da indicación xeográfica protexida Queso Tetilla/Queixo Tetilla.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 63, do martes 1 de abril de 2014, cómpre efectuar a seguinte corrección:

No título da orde onde di: «Orde do 26 de marzo de 2014 pola que se adopta decisión favorable en relación coa solicitude de rexistro da modificación do prego de condicións da indicación xeográfica protexida «Queso Tetilla/Queixo Tetilla», debe dicir: «Orde do 26 de marzo de 2014 pola que se adopta decisión favorable en relación coa solicitude de rexistro da modificación do prego de condicións da denominación de orixe protexida «Queso Tetilla/Queixo Tetilla».