Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013152TA-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 5 de febreiro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou a resolución do expediente sancionador 2013152TA-OU a Cafetería O Rei das Tartas (Avelino y Nensi Nova, S.L.), CIF B32421216, con domicilio na rúa Juan XXIII, 29, 32005 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Cafetería O Rei das Tartas (Avelino y Nensi Nova, S.L.), o contido do referido acordo de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, recordándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, situado na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Novagalicia Banco, Recadación Xunta modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial. O pago voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 10 de marzo de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 2013152TA-OU.

Interesada: Cafetería O Rei das Tartas (Avelino y Nensi Nova, S.L.).

DNI/NIF/CIF: B32421216.

Último enderezo coñecido: rúa Juan XXIII, 29, 32005 Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: setenta e cinco euros (75,00 euros).