Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14886

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de aprobación inicial da addenda número 12 ao inventario de camiños do concello.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria do 27 de febreiro de 2014, aprobou inicialmente a addenda nº 12 ao inventario de camiños mediante acordo que ten o seguinte contido literal:

«1º) Aprobar inicialmente addenda ao inventario de camiños municipais n° 12 en núcleos rurais, redactado por Lagares Ingeniería, S.L., co seguinte contido:

– Alta e incorporación do camiño parcela 9040 do polígono 37 en Chenlo.

– Baixa, eliminación e modificación da lonxitude do camiño inventariado co número 309 na Pereira (Torneiros).

– Alta e incorporación do camiño parcela 9018 do polígono 36 nas Madorras (Mosende).

2°) Someter o expediente a exposición pública por un prazo de trinta días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello».

O que se fai público para o xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que consideren convenientes no prazo de 30 días, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente.

O Porriño, 4 de marzo de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde