Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14882

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ares

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal e o informe de sustentabilidade ambiental.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o 6 de marzo de 2014, en relación co expediente de aprobación do Plan xeral de ordenación municipal de Ares,

ACORDOU:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal de Ares e asumir o informe de sustentabilidade ambiental incorporado ao expediente.

Segundo. Someter a información pública o expediente completo, Plan xeral de ordenación municipal e informe de sustentabilidade ambiental, e a fase de consultas, por un prazo de dous meses mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia, en cumprimento da normativa urbanística e ambiental de aplicación.

Terceiro. Suspender o procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de plan cuxas novas determinacións supoñen a modificación da ordenación urbanística vixente. A suspensión determinada pola aprobación inicial terá unha duración máxima de dous anos contados desde a dita aprobación e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan.

Cuarto. De forma simultánea á información pública, solicitar os informes que sexan preceptivos conforme a normativa sectorial de aplicación, e dar trámite de audiencia aos municipios limítrofes así como ás persoas físicas ou xurídicas que teñan a condición de público afectado de acordo coa Lei 9/2006 (disposición transitoria primeira da Lei 21/2013).

En cumprimento do establecido no punto primeiro do mencionado acordo do Pleno do Concello, sométense a información pública o Plan xeral de ordenación municipal de Ares e o informe de sustentabilidade ambiental por un prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o prazo sinalado poderase examinar e consultar o expediente nos locais habilitados para tal efecto na Alianza Aresana, sitos na rúa María, nº 11, de luns a venres, das 10.00 ás 14.00 horas, e formular as alegacións que se consideren oportunas. Así mesmo, o expediente pode examinarse no enderezo web concellodeares.com.

Ares, 12 de marzo de 2014

Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde