Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14893

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria e simplificada, para a contratación dun servizo de limpeza nas oficinas do II Plan galego de inclusión social 2007-2013, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Social Europeo e xestionadas por este consorcio.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/001/14/SE/LIMP-INC.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: contratación dun servizo limpeza nas oficinas do II Plan galego de inclusión social 2007-2013, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: 24 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 102.850 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do orzamento da adxudicación, excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal nº 30-32 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 88 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org

7. Requisitos específicos do/da contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se coincide en sábado ou festivo, pasará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas particulares, e debe figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de se tratar de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas, indicarase no exterior do sobre A o número do dito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2º. Domicilio: rúa Amor Ruibal nº 30-32 baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal nº 30-32 baixo.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio o 30 de abril de 2014, ás 10.00 horas, e do sobre C, na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Outras informacións.

Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil do contratante.

Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre B se atrase, farase publica a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil do contratante.

Esta contratación esta cofinanciada nun 80 % polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

11. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2014

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar