Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se anuncia a licitación para a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desprazamento dos participantes do programa Reencontros na Casa.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Secretaría Xeral da Emigración.

1.2. Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno.

1.3. Obtención de documentación e información:

1.3.1. Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno.

1.3.2. Enderezo: rúa Basquiños, 2.

1.3.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

1.3.4. Teléfono: 981 54 72 81.

1.3.5. Telefax: 981 54 72 96.

1.3.6. Correo electrónico: emigracion.contratacion@xunta.es

1.3.7. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

1.3.8. Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

1.4. Número de expediente: 1/2014.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Tipo: servizos.

2.2. Descrición do obxecto: servizo de desprazamento dos participantes do programa Reencontros na Casa.

2.3. División por lotes: non leva.

2.4. Lugar e prazo de execución: os sinalados no prego de prescricións técnicas.

2.5. CPV: 63510000-7.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: a oferta máis vantaxosa segundo criterios de valoración detallados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: 159.475 €, máis 2.525 € de IVE.

5. Garantías exixidas.

5.1. Provisional: non se exixe.

5.2. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

6.1. Clasificación: non se exixe.

6.2. Solvencia económica e financeira: a sinalada na cláusula sétima do prego de cláusulas administrativas.

6.3. Solvencia técnica ou profesional: a sinalada na cláusula sétima do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

7.1. Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, salvo que fose inhábil, en cuxo caso se prorrogará ao día hábil seguinte.

7.2. Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula sexta do prego de cláusulas administrativas.

7.3. Lugar de presentación:

7.3.1 Entidade: Rexistro Xeral da Secretaría Xeral da Emigración.

7.3.2. Enderezo: rúa Basquiños, 2.

7.3.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

8. Apertura das ofertas.

8.1. Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno.

8.2. Data: o décimo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura destas terá lugar no día hábil seguinte (acto público).

8.3. Hora: ás 11.00 horas.

9. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2014.

Por suplencia (Decreto 88/2013, do 30 de maio)
José Carlos García Bouzas
Subdirector xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno