Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 18 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se lle notifica á persoa interesada a resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda para a mellora e modernización das explotacións agrarias e a procedencia do reintegro das cantidades percibidas en concepto de bonificación de xuros (expediente 27/00721/01B).

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada, que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda para a mellora e modernización das explotacións agrarias e a procedencia do reintegro ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, das cantidades indebidamente percibidas en concepto de bonificación de xuros.

O interesado pode recoller a resolución no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecemento da dita resolución e constancia de tal coñecemento.

A resolución esgota a vía administrativa. A persoa interesada poderá interpoñer contra ela, potestativamente, recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao desta publicación, segundo o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a persoa interesada poida exercer calquera outro que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: expediente núm. 27/00721/01B, de axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

Interesado: José Luis López López.

Acto de notificación: perda do dereito ao cobramento da axuda e declaración da procedencia do reintegro, ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, das cantidades indebidamente percibidas en concepto de bonificación de xuros.

Último enderezo coñecido: Fonteabuín, 20, A Veiga (Santiago), 27614 Sarria.