Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2014 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, por procedemento aberto, tramitación urxente e non suxeito a regulación harmonizada, do servizo de prevención alleo de riscos laborais, especialidade de Medicina do Traballo, para o persoal docente destinado en centros públicos non universitarios dependentes desta consellería.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, bloque 2, planta baixa.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 981 95 74 79, 981 54 44 92, 981 54 54 73. Telefax: 981 54 54 43.

5) Correo electrónico: servizodeprevencion@edu.xunta.es.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20303

7) Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de prevención alleo de riscos laborais, especialidade de Medicina do Traballo, para o persoal docente destinado en centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugares de execución: levarase a cabo, ao menos, nas catro capitais de provincia e nas cidades de Santiago de Compostela, Ferrol e Vigo. Nas localidades cabeceira de comarca de Galicia realizaranse as analíticas e tomas de mostras previas aos recoñecementos médicos.

e) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 15 de xullo de 2015.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 85120000-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: con pluralidade de criterios, especificados na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 2.349.262,00 euros, exento do IVE conforme o artigo 20.1.3 da Lei 37/1992 do IVE. Importe total: 2.349.262,00 euros.

b) Orzamento total: 2.349.262,00 euros.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe do orzamento base de licitación (117.463,10 euros).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo N, subgrupo 1 e categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: unicamente deberán acreditala os empresarios non españois de estados membros da Unión Europea que non estean clasificados, nos termos especificados no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: os sinalados no punto 6.2.A 6) do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do décimo (10) día natural posterior á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, agás que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata o día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Poderase enviar por correo a este rexistro único dentro do prazo de admisión sinalado. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 54 43).

c) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: un (1) mes contado desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 2, 1ª planta.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: terá lugar en acto público, ás 12.30 horas, o sétimo día natural seguinte ao da data de apertura da documentación administrativa (sobre A), que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores. De coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria