Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 17 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do instrutor do procedemento sancionador PO.17/2013, por infraccións en materia de comercio.

Con data do 20 de xaneiro de 2014, o instrutor do procedemento ditou proposta de resolución do procedemento sancionador número PO.17/2013, incoado pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, contra Mª Rosario Figueroa Alonso titular do establecemento Charo Figueroa Interiorismo.

Intentada a notificación da proposta, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle á interesada o contido da devandita proposta, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Advírteselle o interesado que, en cumprimento do artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, se lle concede un prazo de 15 días, desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias deste departamento territorial, sito na praza da Estrela, s/n, de Vigo.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PO.17/2013.

Interesado: Charo Figueroa Alonso de Mª Rosario Figueroa Alonso, na rúa México, 39, 36204 Vigo (Pontevedra), NIF 36075148Q.

Feitos imputados: unha infracción grave en materia de comercio.

Preceptos infrinxidos: artigos 44.2 e 44.3 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

Sanción proposta: unha multa de 1.501 euros (mil cincocentos un euros).